NOS QUIEREN CREAR UNA ZEPA EN MI ZONA

Piscicultura, enfocada primordialmente a la acuicultura de aguas continentales o aguas dulces y Maricultura,dedicada a los cultivos marinos y estuarinos, realizados en el mar, estuarios, ...
Responder
Lagunero6800
Usuario experto
Mensajes: 1743
Registrado: 06 Oct 2005, 15:17
Mostrar url de tu tienda en Agroterra:
Ubicación: Spain

Mensaje por Lagunero6800 »

HOLA FOREROS QUISIERA UN POCO DE AYUDA POR VUESTRA PARTE Y TAMBIEN INFORMACION YA QUE LOS AMIGOS ECOLOGISTAS Y SOCIATAS, NO QUIEREN CREAR UNA ZEPA EN MI ZONA DE ALGO MAS DE 10.000 HECTARES, ESO SI SIN CONTAR CON LOS AGRICULTORES PARA NADA Y PARA MAS INRI TEMEMOS EN EL PARLAMENTO GALLEGO UNA PARLAMENTARIA SOCILISTA  QUE ES DEL PUEBLO EN LA XUNTA DE GALICIA QUE ES LA QUE MAS EMPEÑO PONE EN HACER DE LA LIMIA UNA ZEPA, ESO QUE RESTRINCIONES CONLLEVA, POR QUE BENIFICIOS CREO QUE POCOS
JD2035,JD2850 y JD7600
LauraSeara
Nuevo usuario
Mensajes: 1
Registrado: 22 Ago 2007, 15:45

Mensaje por LauraSeara »


Estimado Lagunero:
Despois de ver este comentario teu respecto da proposta de declaración de zona ZEPA na Limia, me gostaría puntualizar algunhas cousas ao respecto:
1. A declaración de ZEPA da cumprimento á recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que obriga a Galicia e a outras 6 comunidades autónomas de España a incrementar estas áreas. Non é nin un empeño meu nin da Xunta de Galicia, nin dos sociatas, como ti escribes.
2. As autoridades europeas xa foran informadas do proceso de declaración dos novos espazos por parte da Xunta de Galicia. Así, a creación destas novas áreas permitirá a Galicia cumprir coas esixencias da Unión Europea, que condenou recentemente a España por dispor de insuficientes hábitats de interese para a conservación das aves. Esta sentenza, feita pública o pasado 28 de xuño, conclúe que 6 comunidades autónomas do noso país, entre elas Galicia, deben incrementar as zonas de especial protección de aves.
3. Esta declaración de ZEPA, ao contrario do que se está decindo de xeito interesado e partidista, é plenamente compatible co desenvolvemento de actividades tradicionais como a agricultura, posto que son precisamente estes traballos os que no pasado favoreceron a creación destes hábitats senlleiras para a cría e conservacións de aves.
4. Non é certo que non haxa información. É a primeira vez que a Xunta somete a exposición pública durante o período dun mes a declaración de ZEPA. O anterior goberno NUNCA o fixo. Esto conleva que as persoas interesadas, coma ti, poden consultar o texto do decreto na Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na delegación provincial da consellería en Ourense e na propia web da consellería e facer as alegacións oportunas.
5.  Transcorrido o proceso de exposición pública, o proxecto elevarase ao Consello da Xunta para súa aprobación definitiva. Concluído este proceso, o Goberno galego poñerá en coñecemento do Ministerio de Medio Ambiente a declaración das novas ZEPAS, para que este, á súa vez, llo comunique á Comisión Europea.
 
Polo tanto, insisto, NON HABERÁ RESTRICCIÓNS para a agricultura. É totalmente lexítimo atacar a medida por non estar de acordo con ela, pero o que eu non vou a permitir é que se minta, se contamine e se difame sobre a miña persoa e sobre outros compañeiros meus, xa que o único que estamos defendendo é o cumprimento da legalidade e desde logo, no meu caso, defendendo A Limia e por suposto ós seus agricultores e agricultoras, oficio que supoño que é o que tí te adicas, ¿ou non?.
 
¿Crees realmente que si houbera o máis mínimo risco para o futuro da agricultura eu defendería a medida? Crees realmente que si a ZEPA afectara a granxas, COREN non tería manifestado xa o seu disgusto? Crees que a Consellería de Medio Rural estaría calada si afectara ao futuro agrícola da Limia? Crees que si fora outra Consellería a que declarara a ZEPA se montaría o lío que se está montando? Donde estaba o SLG cando se declarou a Rede Natura hai anos ou cando Rairiz e Vilar de Santos se declararon Reserva da Biosfera?
 
En definitiva, crees sinceiramente que o Ministerio de Agricultura, cuxa titular é unha socialista, tería invertido as cantidades millonarias no Plan de Regadío da Limia si fora incompatible ca ZEPA?.
 
Estimado veciño, a seriedade e a verdade son cuestións imprescindibles para facer da política e da acción pública un espazo no que mereza a pena participar. A discrepancia é lexítima, pero a mentira e a manipulación non. Eu é o que penso, me imaxiño que ti estarás de acordo.
 
Polo tanto, te invito a que me fagas chegar as túas preocupacións e críticas, que serán escoitadas e tidas en conta, porque ese é o meu deber cos que me votaron e cos que non o fixeron.
 
Recibe unha aperta.
 
Laura Seara Sobrado

Sª de Igualdade do PSdeG
Portavoz Igualdade e Medioambiente
Grupo Parlamentario Socialista 
 
GonzaloBlanco
Nuevo usuario
Mensajes: 1
Registrado: 20 Oct 2007, 19:27

Mensaje por GonzaloBlanco »

Ola a todos. chamome gonzalo blanco e son responsabel de prensa de ADEGA-ourense. e vou mandar un escrito sobre o que opina a asociacion ecoloxica para a defensa de Galicia ADEGA.
tamén gustariame decir que o mais normal seria ter unhas aportacions sobre este temas sosegadas e nomrais e non con descalificacions e insultos.
MANIFESTO DE ADEGA A FAVOR DA ZEPA EN XINTO DE LIMIA




Manifesto pola Limia: a ZEPA, boa para o ambiente e para a xente






Xinzo de Limia, 27 de agosto de 2007. Malia a súa catastrófica transformación dende a desecación do “gran mar interno” da Lagoa de Antela, que ocasionou a desaparición dun gran número de especies, A Limia é lugar de interese para as aves polo mosaico de zonas arboradas, húmidas (que aínda se conservan), cultivadas e pastoreadas. A declaración como ZEPA destes territorios da Limia vai ser beneficiosa para o medio ambiente, e tanto a curto como a medio prazo serao tamén para as xentes da zona e particularmente para os agricultores e gandeiros.
 


As declaracións dalgunhas organizacións sociais de que non se tiña coñecemento deste proceso resultan sorprendentes, pois foron expresa e abertamente informadas con caracter previo a exposición pública durante a reunión, celebrada o pasado 11 de xullo, do Consello Galego de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostible, máximo órgano consultivo en temas ambientais. Fóra da orde do día, presentouse o borrador de Declaración como ZEPA tanto da Limia coma de Pena Trevinca. Nese órgano, ademais das administracións autonómica, provincial e local, están representadas organizacións sociais como tres sindicatos de ámbito xeral, tres do ámbito agrícola e gandeiro (entre eles o Sindicato Labrego Galego, SLG), confrarías de pescadores, asociacións de veciños, empresariais, e ecoloxistas entre outras. As afirmacións de que non se tiña coñecemento deste proceso non poden resultar máis do que rechamantes, xa que existiu información previa á exposición pública.
Polo demais o que neste momento está a exposición pública é un Decreto de declaración, normativa que na práctica non establece ningunha limitación as actividades económicas na zona afectada, que se determinarán con posterioridade. Polo que nos sorprende a capacidade predictiva de aqueles estamentos que están a manifestarse en contra da declaración de ZEPA.
As actividades agrícolas e gandeiras, son imprescindibles para algunhas das especies que motivan declaración comoa Zona de Especial Protección para las Aves, polo que as organizacións de defensa do Medio Ambiente estaríamos en contra dunha hipotética suposta eliminación destas actividades das que se está a falar sen fundamento legal e real algún.
 
BENEFICIOS ECONÓMICOS
 
A modificación da Política agraria Común (PAC) vai provocar a desaparición das axudas das que se estaban a beneficiar o agro, derivándose cara aquelas actividades agrícolas beneficiosas para o medio ambiente, a calidade e a seguridade alimentaria. A partires de agora terán preferencia a recibir estas axudas as zonas protexidas e aquelas nas que as actividades se reorienten a unha producción de calidade e/ou ecolóxica.
Polo devandito, a súa declaración de lugar ZEPA, será beneficioso para os homes e mulleres que viven na Limia. Asociar o cultivo da pataca da Limia co dunha zona ben conservada, será unha garantía de imaxe e de comercialización asegurada e na que se debe traballar. Precisamente amplas zonas que hoxe se pretenden declarar coma ZEPA xa están incluídas na Reserva da Biosfera. Declaración esta realizada o ano pasado nun acto celebrado en Allariz no que participou O Conselleiro de Medio Rural e o Vicepresidente da Xunta e que contou co beneplácito da Sociedade en Xeral sen levantar ningún tipo de polémica. Polo que nos sorprende a oposición que agora se está a expresar por algúns sectores sociais.
As Institucións públicas, partidos e sindicatos, deben facer un esforzo en explicarlle á poboación, que as figuras de protección da natureza, lonxe de ser unha limitación, son unha oportunidade de xeración de riqueza e de calidade de vida para os habitantes destas zonas.
Finalmente, propomos a todos os axentes sociais e políticos, que deixen os intereses partidistas e fagan posible posible avanzar na mellora das condicións ambientais e sociais aproveitando todo o que de positivo ten esta declaración, reclamando os recursos técnicos e financeiros que xa están dispoñibles na Unión Europea.



<



ADEGA-Ourense en Expolimia 2007






Xinzo, 3 de setembro de 2007. Adega-Ourense estivo presente en Expolimia 2007 en Xinzo os días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro. O numeroso público asistente mostrou moito interese en coñecer as razóns que levan a ADEGA a defender a implantación da declaración como ZEPA para a Limia. Todas as persoas que pasaron polo stand de ADEGA coincidiron connosco na escaseza de información existente por parte da Consellaría. O feito de pór un cartaz reivindicando a ZEPA supuxo para ADEGA que se convertise o noso stand no referente da feira, causando un grande impacto polo debate que abrimos.
 




As alegacións contra a ZEPA da Limia foron elaboradas pola Deputación de Ourense






Ourense, 7 de setembro de 2007. Durante o periodo de exposición pública da declaración como Zona de Especial Protección de Aves da Limia remitíronse alegacións elaboradas dende a Deputación de Ourense aos concellos da comarca da Limia. ADEGA rexeita que organismos públicos utilicen os problemas medioambientais para realizar campañas políticas. A protección da natureza é cousa de todos e todas e non pode ser fonte de batallas políticas comandadas polo interese partidista e non polo interese xeral.
 


A deputacion provincial de Ourense implicouse contra a protección da natureza por intereses partidarios este é un feito que deben coñecer os cidadáns para que entre todos evitemos estas situacións. O modelo enviado pola Deputación de Ourense é o que seguiron os concellos que presentaron alegacións á ZEPA da Limia.
Un día despois de que funcionarios do concello de Xinzo de Limia estivesen pegando cartaces do Partido Popular contra a Declaración de ZEPA durante a súa xornada laboral, cabe preguntarse se neste caso foi persoal da Deputación que durante a o seu traballo empregou recursos públicos para campañas partidistas contrarias ao medio ambiente e á protección da natureza.
 
gonzalo blanco
delegado prensa
ADEGA-ourense
www.adega.info
Responder